Lugo, 21 de outubro de 2013. Este luns celebrouse na Deputación de Lugo unha xunta de portavoces cos representantes dos tres partidos políticos a fin de tratar as conclusións sobre a negociación do legado de Álvaro Gil coa familia do mesmo. Nesta xunta de portavoces, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e portavoz do BNG, o nacionalista Mario Outeiro, informou pormenorizadamente de que finalmente, tralas negociacións que se viñeron producindo nos últimos días e que culminaron o venres pasado, non se chegou a un acordo coa familia de Álvaro Gil para que as pezas da súa colección permanecesen en Lugo. Tal e como asegurou o delegado de Cultura, os motivos de non chegar a un acordo son as diverxencias económicas ao non cumprir a oferta feita pola Deputación as expectativas económicas da familia do mecenas.
Mario Outeiro explicou que a Deputación fixo todo o que estivo nas súas mans para que estas pezas quedasen no lugar onde estiveron expostas durante os últimos 40 anos, non en balde mantivéronse todo tipo de contactos escritos, telefónicos e persoais porque, ante todo, había por ambas partes unha vontade de negociación que evidentemente non se puido selar cun acordo polas diferenzas económicas.
O delegado de Cultura e Turismo explicou que desde o primeiro momento a familia contou cunha serie de propostas por parte da Deputación, que ían desde o depósito á adquisición, e hai que deixar claro que a familia en ningún momento aceptou o depósito, circunscribindo o posíbel acordo a unha adquisición, e no que só entraría a colección de ourivería, sen que entrasen neste acordo polo tanto as pinturas por decisión da familia.
Xa unicamente contemplando a fórmula da adquisición, a Deputación encarga unha taxación a mans dun experto en arqueoloxía das 40 pezas que compoñen a colección de ourivería, tal e como relatou Mario Outeiro, e que deu como resultado unha cifra de 2.350.000 euros. Diante disto, a Deputación propón engadir a esta cifra, para a oferta á familia, 600.000 euros calculados sobre os custes procesuais do litixio mantido co ente provincial e que se remontan a hai 14 anos, comezando baixo goberno de Francisco Cacharro. Tal e como explicou Mario Outeiro, sobre esta cantidade, incluíndo o prezo das pezas e custes procesuais, e sobre os prazos de pago, acordado en catro anos que esixirían a esta institución un esforzo ímprobo, había un acordo, máis a familia esixía poder reclamar danos e prexuízos polos anos que as pezas non estiveron a dispor dos propietarios, algo que a Deputación non estaba disposta a asumir xa que se estaría deixando aberta a posibilidade a outro novo proceso xudicial, polo que xa se incluía de partida na oferta os posíbeis danos e prexuízos que se causaran. Entre outras cousas porque a intención era que non volvese a pasar o que agora acontecía: firmar un acordo e que o día de mañá quen estivese representando á Deputación se vise enfrontado a un proceso por danos e prexuízos contra a familia de Álvaro Gil. Esta tiña que ser unha negociación pechada e unha vez chegados a un acordo rematarse definitivamente.
En resumo, Mario Outeiro concluíu que o acordo non foi posible por, basicamente, unha diverxencia económica que non se pode cuantificar pero que sería suficiente para traer problemas a esta Deputación a longo prazo. É polo tanto unha diverxencia explicable por quen ten que defender os intereses dunha institución pública, de todas e todos os lucenses, e explicable tamén polo interese económico dunha familia que o Tribunal Supremo acredita como lexítimos propietarios das pezas.
Tal e como anunciou o delegado de Cultura na rolda de prensa ofrecida o venres, independentemente do resultado das negociacións, a Deputación de Lugo ten moi claro que a provincia de Lugo, e Galiza, está en débeda co que foi o gran mecenas e activista cultural que foi Álvaro Gil Varela. E tendo en conta esta débeda, a Área de Cultura ten previsto realizar varios actos de homenaxe á súa figura, quen permitiu que en vida, durante todos eses anos, os lucenses puidésemos gozar de xeito gratuíto con estas obras.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



