Foz, 23 de outubro de 2013. O Concello de Foz organizará charlas en todas as parroquias para que os técnicos urbanísticos municipais expliquen aos veciños como afectará o PXOM a cada zona. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, advirte que algúns grupos políticos están alarmando á poboación con informacións inexactas sobre o plan xeral.
Sobre o documento que está exposto ao público dende o día 15 de este mes o rexedor municipal anunciou hoxe que “dende o Concello de Foz a primeiros de novembro vamos facer unha serie de charlas informativas por todas as parroquias posto que vemos interesante que os técnicos municipais sexan os que de forma obxectiva expliquen o plan xeral e a afección que vai ter nas diferentes zonas. Queremos que sexan os técnicos os que dean esa información, posto que algúns grupos políticos pretenden dar datos nesgados e inexactos sobre este asunto tan importante.”
Javier Castiñeira recomenda aos veciños que “deben dirixirse ao Concello e falar cos técnicos municipais, que son obxectivos e coñecen o plan e o urbanismo, para preguntarlles e ver en que situación queda a súa edificación ou terreo. Para informarse ben a xente debe acudir ás oficinas municipais ou ben esperar a novembro, cando os técnicos municipais pasarán polas diferentes parroquias para explicalo”.
“Estamos vendo que moita xente está sendo mal informada por algún grupo político intencionadamente, xa que de forma alarmista está dicindo cousas que non son correctas. Ademais non teñen coñecemento do que é un plan xeral e parece ilóxico que alguén que non ten nin idea deste tema se poña a explicalo de forma completamente neglixente. Por iso dende o Concello dígolles aos veciños que acudan aos técnicos municipais, que para iso están, e se non que vaian as diferentes charlas informativas nas parroquias que vai organizar o Concello para explicar a situación na que queda cada zona”, manifestou o alcalde.
Para rematar Castiñeira pide aos grupos políticos “seriedade e responsabilidade á hora de abordar este asunto no que a xente ten bastante descoñecemento e os grupos políticos o que debemos é axudarlles e non dar informacións que non se parecen para nada á realidade”.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.