Viveiro, a 05 de outubro de 2013. O novo Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, comezou a traballar cunha xuntanza o pasado mércores no local da organización nacionalista en Viveiro. Esta primeira xuntanza serviu como toma de contacto e inicio dos traballos do BNG local nesta nova andaina.
Na reunión, asignáronse as áreas de actuación de cada unha das 9 persoas que forman parte do Consello local.
Bernardo Fraga_ Responsábel local e acción municipal.
Manuel Galdo_Vice-responsábel local. Área comercio e turismo.
Olaia Casas_Responsábel de finanzas e Área de cultura.
Oscar Lara_Responsábel de organización
Susana López_Area de ensino e sanidade
Belén González_Área de economía, desenvolvemento local e mar
Alfredo Navarro_Área de Deportes
Melania Vilar_Área de servizos sociais e muller
Ramón Vizoso_Área de medio rural e medio ambiente.
*Na imaxe, de esquerda a dereita de pé. Ramón Vizoso, Susana López, Alfredo Navarro, Belén González e Melania Vilar. Sentados de esquerda a dereita, os concelleiros, Manuel Galdo, Olaia Casas e Bernardo Fraga.