As rapazas das E.D. Lourenzá Ensino volven de Palencia con dous puntos no peto despois de gañar ás Filipenses Caja España Duero por 28-72 no partido correspondente á segunda xornada da Liga.
As mariñás sitúanse quintas na táboa do grupo A da Primeira División Nacional despois desta importante vitoria na que demostraron ser superiores ás locais.
A vindeira xornada reciben á Universidad de León. O partido disputarase o domingo 27 de outubro a partir das 20.30 horas no pavillón municipal de Lourenzá.