Burela, 3 de outubro de 2013. O equipo de goberno asegura que a mecánica de actualización do IBI ven dada por unha normativa de rango estatal. Os populares alégranse de que os socialistas apoien o pago fraccionado deste imposto.
Desde o equipo de goberno burelés sinalan que se alegran de que o PSOE “por fin aterre neste planeta apoiando o pago fraccionado do IBI. O que si lle pedimos ao Partido Socialista é responsabilidade e coherencia. Non nos poden vir agora pedindo cousas que eles saben que son irrealizables”. Os populares engaden que “o PSOE nos lugares nos que goberna non baixa a contribución urbana, senón que incluso a incrementa nos tempos actuais”.
Para o equipo de goberno burelés “os socialistas deberían saber que a mecánica de actualización do IBI non ven dada por unha normativa municipal, senón que ven dada por unha normativa de rango estatal. Que non nos veñan con contos, porque en caso de que eles tivesen algunha idea neste sentido puideron aplicalas cando gobernaron no Concello de Burela e non o fixeron”.