Santiago, 21 de outubro de 2013.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra fixeron este luns unha primeira valoración do contido dos orzamentos da Xunta para o ano 2013 en relación coa nosa comarca, e salientaron que a pesares do momento de crise e de axustes –que sitúan o global dos orzamentos dispoñibles nos niveis do ano 2005– as contas autonómicas contemplan consignacións concretas, que farán posible dar un novo impulso ás grandes infraestruturas da Mariña lucense.
Os deputados indicaron que quizás moitas destas partidas non achegan as contías que todos desexaríamos, pero si servirán para dar un respaldo orzamentario “con nomes e apelidos” a todos aqueles compromisos adquiridos polo Partido Popular e polo Goberno galego -a través do seu presidente ou dos conselleiros- e farán posible avanzar na execución das mesmas ao longo da próxima anualidade.
HOSPITAL DA COSTA
Os deputados quixeron comezar facendo unha mención expresa a un feito moi salientable: por primeira vez na súa historia uns orzamentos da Xunta disporán dunha partida para o proxecto de ampliación integral do Hospital da Costa. Son 190.000 euros que por un erro figuraban atribuídos ao centro de saúde de Burela pero que en realidade, teñen por obxecto financiar a execución destas actuacións só no hospital da Mariña (atención especializada).
Os deputados sinalan que esta achega servirá avanzar nos pasos pendentes: de xeito inminente, coa adxudicación do proxecto de redacción do plan director –que a empresa adxudicataria terá que elaborar nun prazo máximo de 6 meses- e a licitación e posterior adxudicación do novo proxecto construtivo, que determinará as características técnicas das obras a executar no hospital.
CORREDOR DA COSTA
O orzamentos da Xunta tamén permitirán o desbloqueo das obras do tramo autonómico do corredor da Costa, actuacións para as que a Xunta destina un millón de euros. Os deputados sinalan que a Xunta xa realizou a obra de maior complexidade técnica –o desmonte- no treito entre San Cibrao (Cervo) e Celeiro, cuxo trazado sufriu unha modificación que supuxo o aprazamento provisional da súa execución. Ao mesmo tempo servirán para facer realidade o compromiso adquirido polo conselleiro de MATI, respecto das expropiación do tramo que transcorre por Celeiro e Viveiro.
ACCESO AO PORTO DE BURELA
Os orzamentos da Xunta tamén contemplan a obra de acceso ao porto de Burela que reflicte o compromiso adquirido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen adiantou a súa intención de achegar os recursos necesarios para facer realidade esta tan ansiada obra que permitirá desconxestionar o tráfico nesta localidade e dar acceso directo a un dos portos pesqueiros e comerciais máis importantes da comarca.
Os 860.000 euros que destina o Goberno galego permitirán licitar, adxudicar e financiar o inicio dos traballos de execución deste proxecto tras longos anos de espera e multitude de dificultades, incluso xudiciais.
RESIDENCIA DE FOZ
No ámbito social os deputados destacaron que por primeira vez tamén, os orzamentos da Xunta contemplan unha achega para dar respaldo económico ao proxecto que permitirá dotar ao concello de Foz dunha residencia para persoas maiores e dependentes. Outro dos compromisos adquiridos polo Partido Popular e pola propia Xunta, tanto cos veciños deste concello como cos do conxunto da comarca que poderán verse beneficiados deste novo centro cuxa tramitación recibe o apoio inicial das contas autonómicas.
OBRAS HIDRÁULICAS
No ámbito das actuacións hidráulicas os deputados do PP salientaron a achega de 6,07 millóns de euros para acometer o abastecemento dos núcleos de Barreiros (San Cosme e San Pedro de Reinante) que permitirán dotar deste servizo esencial aos veciños e ás actuacións urbanísticas desenvolvidas neste municipio. E tamén salientan a achega en materia de infraestruturas hidráulicas contempla tamén 820.000 euros para a explotación da EDAR de Ribadeo.
OUTRAS ACTUACIÓNS
Os orzamentos da Xunta tamén inclúen partidas para o impulso do solo empresarial, a máis importante é a destinada para o parque industrial de Barreiros que servirán de apoio para facilitar a chegada o desenvolvemento de novos proxectos industriais e, con el, tamén fortalecer a chegada de novas oportunidades no ámbito do emprego.
Balseiro e Martínez-Sierra sinalan, finalmente, que tamén hai outras moitas achegas correspondentes a partidas xenéricas que permitirán desenvolver proxectos nos concellos da Mariña lucense en ámbitos como Portos de Galicia, Benestar, Xustiza e obras de mantemento ou consolidación de infraestruturas, ou de apoio aos concellos no ámbito cultural e de benestar e nos centros de saúde.



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



