Lugo 29 de outubro de 2013.- A portavoz do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou este martes durante o transcurso da sesión plenaria que o Plan de Obras e Servizos que presentou o ente provincial é “famélico”, responde a “calderilla” e convértese no peor de todo Galicia.
Este feito levou aos populares a absterse ante un plan que pon aos concellos de Lugo en absoluta situación de “inferioridade” respecto aos habitantes do resto de Galicia.
A popular explicou que o artigo 36 da lei 7/1975 recolle a obrigatoriedade de que as deputacións aproben anualmente un plan provincial, pese ao descoñecemento que amosou o responsable de vías e obras, Manuel Martínez, neste senso. Porén, a administración lucense cumpre “pola mínima e cumpre tarde”, ata o punto de practicar a austeridade só “onde goberna o PP” ; concellos aos que non dá “nin pan, nin auga, nin sal”.
Candia reafirmou as súas declaracións con datos e expuxo que mentres na Coruña os municipios reciben de media 250.000 euros; en Pontevedra, 101.000 euros; e en Ourense, 30.000 euros; en Lugo esta achega redúcese a 14.900 euros.
Do mesmo xeito, mentres un concello da Coruña, recibe 220.000 euros; un de Lugo con características semellantes en poboación e extensión ten que conformase cunha achega da Deputación de Lugo de tan só 14.500 euros
O BNG e o PSOE esquecen a Lugo
Os populares votaron en contra dunha moción do PSOE que sen “fundamento” critica os orzamentos da Xunta de Galicia en Lugo para o ano 2013. Así, os populares pediron rigor tralas “mentiras” detectadas na iniciativa, como a relativa a sala de hemodinámica sobre a que os populares lembran que “a súa instalación xa está en marcha, coas máquinas no Hula e coa previsión de recibir pacientes xa a finais de novembro”.
Neste mesmo senso, os populares aseguraron que o bipartito non pode dar leccións en materia social tendo en conta que é a única Deputación que se está a negar a colaborar cos concellos no financiamento do Servizo de Axuda no Fogar ou na posta en marcha de novos plans de emprego.
Candia insistiu en que as contas autonómicas do bipartito non resisten a comparación coas actuais, xa que o investimento previsto polo actual Goberno galego na provincia case duplica o que recollían os últimos orzamentos da Xunta do bipartito.
Os 374 euros por lucense previsto na Xunta bipartita en 2009, son a metade dos 728 euros por lucense que o actual goberno prevé investir na provincia. Un esforzo inversor moito maior dos populares pese a que en 2009 o orzamento total da Xunta era de 10.581M€ mentres que agora é de 8.391M€
O PP intenta aunar
O Grupo Provincial do PP puxo de manifesto que o seu partido opta pola liña de “aunar esforzos” ante situacións que “preocupan aos concellos, sendo a administración máis próxima aos cidadáns”.
Así, en liña coas alegacións aprobadas por unanimidade e presentadas pola Fegamp; o GPP votou a facer de pedir un novo modelo de financiamento local. “Apoiaremos as propostas construtivas que sirvan para defender os intereses de Galicia e dos municipios”; explicaron dende o PP.
Porén, neste mesmo senso os populares lembraron a “incoherencia” do presidente provincial e do BNG que piden unha reforma no financiamento local cando recortan nun 17,07% as transferencias de capital aos concellos.
“Esta é a actitude do PSOE e do BNG” que se rexe “por intereses partidistas”, fronte aos gobernos locais do PP que amosan “rigorosidade” á hora de defender o ben dos veciños.
Neste senso, os populares agradeceron o traballo levado a cabo polo concello de Friol, e en concreto, polo seu alcalde, “na defensa dos intereses dos veciños e das asociacións representadas” en relación a “delimitación do trazado do Camiño Norte”.
A actitude “demagóxica” do PSOE
O deputado provincial, Fernando Pensado, evidenciou durante a sesión plenaria que o PSOE e o BNG están a facer demagoxia co copago farmaceutico, desinformando á cidadanía para “xerar alarma social e obter rédito político”.
Así, o popular explicou que os 160 medicamentos que pasan a ter achega do usuario terán un tope de 4,20€, aínda que o fármaco custe dez, cen ou mil veces máis. Ao tempo que explicou que parados e pensións non contributivas seguirán sen pagar nada polos medicamentos.
Ademais, Pensado matizou que non se vai a cobrar polos tratamentos farmacéuticos das persoas ingresadas nun hospital.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



