A Pontenova, 24 de outubro de 2013. O voceiro do PP en A Pontenova, Jorge García, denunciou este xoves as nefastas condicións nas que se atopa o polideportivo municipal.
Jorge García afirma que dende o pasado mes de setembro as instalacións permanecen sen auga quente, polo que xogadores e árbitros, rematan os partidos, e marchan para as súas casas sen ducharse.
“O día 5 de outubro o equipo pontevedrés Pazos de Borbén acudíu ao noso concello e tras rematar o partido, xogadores e árbitro non poideron ducharse porque non tiñan auga quente”- lembra o popular, quen subliña que esta situación volveu a repetirse o pasado día 19 de outubro, cando o equipo do Burela fútbol sala visitou a Pontenova para xogar.
Jorge García afirma que este estado dana totalmente a imaxe da Pontenova, xa non só no propio municipio, senón tamén no exterior, xa que os xogadores e árbitros transmitirán esta situación no exterior.
O popular lembra que estamos xa en outono, camiño ao inverno, polo que insta ao rexedor a que arranxe inmediatamente este problema, posto que ademais de afectar aos xogadores e árbitros, dana gravemente, a imaxe da Pontenova.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



