Santiago, 8 de outubro de 2013.- O deputado do PPdeG, Santiago Freire, lamentou este martes na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo celebrada no Parlamento, a non aceptación por parte de AGE dunha emenda na que solicitaba protexer as dúas reservas da biosfera, Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño, extremando o rigor na tramitación de solicitudes para explotacións mineiras no seu contorno, o que provocou que non puidera someterse a votación da Cámara.
Santiago Freire indicou que a emenda, presentada a unha iniciativa na que se solicitaba non conceder a autorización para a explotación, “se presentou coa vontade real de acadar un consenso e o permiso concedido ata o momento e de exploración e as reservas biosferas son áreas protexidas por instrumentos internacionais con órganos de xestión e esa prohibición excede a competencia deses coxestores, a Xunta co Principado de Asturias no caso da do Rio Eo-Oscos-Burón e a Deputación de Lugo no da de Terras do Miño”.
Segundo o deputado do PPdeG “o permiso de exploración referido está en trámite, non foi concedido, e de ser así permitiría unha actuación de estudo superficial e necesita para a súa autorización analizar o seu impacto ambiental e o grao de afectación ao medio”. Para Santiago Freire “non se pode establecer en todo o territorio das reservas da biosfera unha prohibición xenérica sobre a minería, non se pode rexeitar todo proxecto por sistema, sen analizalo previamente, aínda que hai que ser cautos nas concesións e seguir todo o proceso necesario para autorizar ou descartar a súa autorización”.
A emenda presentada polo PPdeG tamén solicitaba axilizar a incorporación da Serra de Foncuberta á Rede Natura 2000 “aínda que a aprobación destes espazos non é competencia da Comunidade Autónoma” segundo Santiago Freire Abeijón que, ao ser votada por puntos, foi aprobado por unanimidade.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



