O PSdeG-PSOE da provincia de Lugo apoia decididamente a manifestación convocada pola comunidade educativa contra o proxecto da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), que volve recibir este xoves nas aulas galegas un rexeitamento masivo. O voceiro de Educación no Parlamento autonómico, Vicente Docasar, subliñou que “estamos con todos os afectados, xa que os recortes nos últimos anos en Educación están por riba dos 400 millóns de euros; recortes que se traducen en menos mestres, en repago polos comedores escolares, en menos cartos para as novas tecnoloxías…” Neste senso, destacou que “os socialistas non imos permitir este ataque claro á Educación pública. Temos un firme compromiso, pois existe unha proposta por escrito para derogar a Lei Wert; unha Lei elitista, retrógada, clasista e cruel”.
Recortes que “converten o ensino nun privilexio”
Os recortes aplicados polos gobernos do Partido Popular “sacrifican claramente a calidade educativa e converten o ensino nun privilexio, só ó alcance de quen o poida pagar”. Proba delo, engadiu o voceiro de Educación na Cámara galega, é que 7.000 familias de Lugo vense obrigadas a pagar este ano polo comedor escolar, un 31% máis que en cursos anteriores. Destas 7.000, máis de 4.000, teñen que abonar 100 euros mensuais para que os seus fillos poidan comer ó mediodía. “E para que fai isto a Xunta de Galicia? para facer caixa. Saben canto vai recadar Feijóo só na provincia de Lugo con estes 100 que lles cobra ás 4.000 familias durante os 9 meses do curso académico? 3.600.000 euros por un servizo que ata o de agora era gratuíto. Isto é inaudito”, concluíu Docasar.
Deste xeito, engadiu que “non podemos seguir permitindo que as nais e pais deste pais teñan que pagar por un servizo que xa pagamos cos nosos impostos. Está claro que ós nosos gobernantes lles dá o mesmo que os nosos fillos poidan comer… e senón que leven o tupper, esa é a solución que dá o Partido Popular… Iso si, os nenos das familias coas rendas máis altas non van ter ningún problema… Pero que pasa cos fillos dos obreiros, dos gandeiros, dos que viven do pequeno comercio? Non se pode permitir que as ANPAs estean a suplir un servizo que ten que dar a Xunta”.
Menos mestres, menos centros e menos unidades de ensino
Ademais, o Partido Popular, tal e como sinalou o voceiro de Educación, é o responsable de que haxa 546 docentes universitarios menos, retrocedendo a niveis de 2005; de que se eliminasen 5 centros e 72 unidades de ensino dende 2010; de que os nenos de Ribeira de Piquín viaxen dúas horas ó día para estudar en Meira; de que a Consellería obrigue a un rapaz de Guitiriz a facer un percorrido en autobús de 2 horas cando ten o colexio a 15 minutos; de que en Samos haxa os mesmos profesores para alumnos de 9 cursos diferentes; de que en Cervantes un mestre deba atender a rapaces de 5 idades distintas; de que catro Concellos da Montaña lucense -Samos, Cervantes, Navia de Suarna e O Incio- se quedasen este curso sen 5 profesores especializados en Infantil; de que se suprimise o pioneiro modelo de Preescolar na Casa; de que os alumnos do Colexio de Educación Especial Infanta Elena de Monforte teñan que abandonar o centro cando cumpren os 21 anos, levando ás familias a unha total desesperanza; e de que se siga sen garantir o mantemento do IES As Mercedes cando é o centro de referencia para o sur da provincia.
Ademais, todos os centros teñen menos orzamento que en 2009; baixaron as axudas para libros, bolsas de estudos, bibliotecas e normalización lingüística; e empeoran as condicións sociolaborais do profesorado.
Tendo en conta estes datos que demostran a política restritiva e “cruel” que están a levar a cabo os gobernos do PP, Vicente Docasar critica rotundamente as últimas declaracións do Ministro de Educación. “E esta é a historia fantaseada da Educación que, supostamente, estamos a construír o PSOE segundo o Ministro Wert? Por certo, o mesmo Ministro que calculou que 10.000 becarios se quedarán en España sen axuda, e que comparou a protesta da LOMCE cunha festa de cumpreanos… Isto é inadmisible e por iso nos manifestamos”, concluíu o deputado autonómico.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



