A quinta xornada de Primeira División chega a Vista Alegre co firme obxectivo de sumar os tres primeiros puntos na casa para o Burela FS Pescados Rubén. A escadra laranxa recibirá o H. Llevant Manacor mañá ás 18.30 horas. “Temos a necesidade de gañar” asegura o adestrador, Juanlu. “Disputamos dous partidos moi difíciles na casa pero a realidade é que aínda non sumamos e con esa ilusión, a de gañar, pensamos no partido de mañá” explicaba o madrileño incidindo na “tranquilidade e confianza” que podería xerarse no equipo para os próximos compromisos.
O conxunto de Tomás de Dios saltará á pista con 2 puntos, tras os empates como locais ante Santiago Futsal (1-1) e Peñíscola (3-3); lonxe da casa as cousas non lle foron tan ben, caeu con Inter Movistar (11-2) e Santa Coloma (4-3). “É un equipo que defende moi ben e non baixa nunca os brazos; intenta xogar con marcadores apertados e non comete apenas erros porque asume poucos riscos” analizaba Juanlu, puntualizando que “debemos saír concentrados para golpear primeiro porque se se poñen por diante terémolo moi difícil”.
O técnico laranxa poderá dispoñer de todo o cadro excepto Hugo, que cumprirá o primeiro dos tres partidos que recibiu como sanción tras o encontro en Lugo; o novísimo Carlitos tamén entrará na convocatoria.
O 12 manacorí, que chegará este mediodía á Mariña, está configurado por Carlos Barrón, Miguel Medina, A. Vadillo, Chicho, Bruno, Joao, Joselito, Lemine, Manu Orellana, Toni Terrón, Pope e Vega.
Insulares e galegos xa se viron as caras na recta final de pretempada, con triunfo para os de Juanlu 1-0, en semifinais do Desafío Star Center de Santiago de Compostela.
Semana diferente
Os burelistas vivirán unha semana diferente, co desprazamento a Zaragoza para disputar a sexta xornada, o mércores 16 (21.00 horas). Tan só tres días despois, Vista Alegre gozará do segundo Día do Club, coa visita do xigante FC Barcelona (sábado 19, 18.30 horas).
























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
