O Programa Madrugadores que a asociación Mujeres en Igualdad de Burela ofrecía aos colexios de Burela co obxectivo de colaborar na conciliación da vida laboral e familiar dos pais non se levará a cabo polo momento debido á falta de demanda. A asociación establecera un mínimo de 10 alumnos ou alumnas por colexio para ofrecer o servizo que non descartan ofrecer nun futuro, xa que a oferta continúa aberta e incluso dende a asociación avanzan que tamén se ofrecerá este servizo para o vindeiro curso. Mujeres en Igualdad cre que a causa de non cubrir as prazas puido ser a tardanza coa que se deu a coñecer o programa co que os pais e nais poden levar os seus fillos aos colexios ás 07.45 horas para tomar o almorzo completo e acompañalos posteriormente ás respectivas filas. Para iso contaríase con dúas coidadoras por centro e incluso se estudaría a posibilidade de estender o servizo a outros concellos se houbese suficiente demanda.























A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



