Que significa hoxe resistir? Si entendemos a resistencia como a actitude de opoñerse a unha invasión territorial ou de enfrontarse a unha ditadura financeira sembradora de morte, pobreza e desesperación, teño claro que hoxe a resistencia fronte ao neoliberalismo-piraña atopa a súa mellor expresión en Latinoamérica; en países como Cuba, Venezuela, Bolivia ou Ecuador, con gobernos de esquerda que defenden a súa soberanía, e para quen o centro da política constitúeo o ser humano, a defensa das maiorías, a saúde, a educación, o benestar dos nenos, a xustiza social. Unha rexión onde a economía é un instrumento ao servizo das persoas, onde se recoñece o papel fundamental do Estado como garante e xestor, e que conforma, vanguardia a escala internacional na loita contra o neoliberalismo.
E si na Francia ocupada polas tropas hitlerianas entre os anos 1940 e 1944, a resistencia loitaba mediante a información, creando redes de apoio, coa loita armada ou as accións de sabotaxe contra a gangrena do fascismo e pola liberdade, hoxe en Europa se forcexea, en desigual guerra de guerrillas, contra as políticas destructoras dos dereitos humans e de desmantelamento do público, contra gobernos ilexítimos vendidos aos poderosos, contra os mandatos imperativos de institucións non elixidas polos cidadáns, ou contra a progresiva restricción das liberdades.
E si o réxime de Vichy, encabezado polo mariscal Petain, é recordado como exemplo paradigmático de colaboracionismo co invasor xermano, hoxe ese papel denigrante exérceno os gobernos e parlamentos colaboracionistas de Europa, cando trastornan as súas constitucións de costas ao pobo para consagrar o poder e a riqueza dos bancos, privatizan a sanidade para beneficio de transnacionales, permiten desahuciar a familias enteiras ou denigran a educación e a cultura.
OTERO REGAL