Ribadeo, 5 de outubro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou, este sábado, na presentación do proxecto Turismo Ornitolóxico – Ribadeo Birding, que desenvolve o concello de Ribadeo en colaboración coa área de Turismo da institución provincial. No acto de presentación que se celebrou na oficina de turismo da vila, coincidindo co Día Mundial das Aves, tamén participaron Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo; Ana Martínez, concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local de Ribadeo; e Enrique Sampedro, autor do traballo e asesor ornitolóxico.
Este proxecto de turismo ornitolóxico é dunha iniciativa orientada á promoción de toda a riqueza natural que a ría de Ribadeo pode ofrecer ao visitante que se basea na potencialidade natural da zona, así como na gran variedade de actividades e servizos complementarios que se poden ofrecer.
Ribadeo Birding contempla dúas iniciativas: un portal web, http://birding.ribadeo.org, no que o visitante poderá atopar non só información ornitolóxica senón tamén o aloxamento que máis se adapte ás súas necesidades, a gastronomía local, así como o conxunto actividades de lecer que Ribadeo ofrece; e un folleto turístico dedicado á ría de Ribadeo e ás súas aves, e que servirá aos visitantes para coñecer mellor e disfrutar do humidal.
Segundo sinalou Antonio Veiga “estamos ante un proxecto de dinamización turística co que se pretende demostrar o enorme potencial que tanto a vila de Ribadeo, como o entorno natural que a rodea, ten de cara converter esta zona nun destino turístico máis alá de períodos estacionais, así como descubrir ao visitante novas formas de lecer”.
Pola súa banda, Fernando Suárez agradeceu a “indispensable” colaboración da área de Turismo da Deputación para a posta en funcionamento do Ribadeo Birding e explicou que “a día de hoxe existe un segmento turístico interesado pola natureza e en Ribadeo temos unha riqueza natural e medioambiental moitas veces descoñecida, polo que estas ferramentas, tanto a web coma o folleto, servirán para atraer a ese segmento, o que xerará riqueza, sempre desde o punto de vista da sustentabilidade”.
A presentación do proxecto rematou coa realización dunha pequena ruta urbana a pé pola beira da ría de Ribadeo para intentar observar algunhas das aves que por esta época do ano alí habitan e que permitiu aos presentes comprobar a riqueza paisaxística e ornitolóxica da vila mariñá.























Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



