Ribadeo, 22 de outubro de 2013. As festas gastronómicas dedicadas ao mexillón e ao bígaro, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo, desenvolveranse en 33 establecementos hostaleiros do municipio. Celebraranse a vindeira fin de semana, dende o venres 25 ata o domingo 27.
Os locais onde se poderán degustar mexillóns e bígaros en diferentes preparacións son: Restaurante O Cabazo, Parador de Turismo de Ribadeo, Mesón Bar O Trasmallo, Hotel Gastronómico La Balastrera, Cafetería Mediante, Restaurante Oviedo Bar II (Rolle), O Bodegón, Restaurante A Dorada do Cantábrico, Restaurante La Solana, Bar A Ribeira, Casa Dios, Cervecería Raxería Pizzbur, Mesón Pulpería O Forno, Bar Queimada, Mesón O Lar de Manolo, La Botellería, Cafetería Delicias, Mesón A Baixada, Cafetería La Lira, Cafetería La Bugalla, Hotel Restaurante Voar, Mesón O Alén, Restaurante O Tumbín, Restaurante Sapore, Restaurante Marinero, Restaurante Costa Verde, Restaurante La Villa, Mesón Compostela, Restaurante San Miguel, Café Pub O Valeco, Asador La Quinta, El Rincón del Gordo y Restaurante La Cofradía de Rinlo.
No caso do mexillón poderanse degustar tapas elaboradas con este molusco desde 0’50 euros e tamén racións desde 4 euros. Polo que se refire aos bígaros trátase dunha degustación gratuíta a que farán os bares, mesóns e restaurantes participantes.
O presidente de Acisa Ribadeo, Roberto Rivas, anima “aos veciños da zona e aos que nos visiten a vindeira fin de semana a participar nestas dúas festas gastronómicas, pois seguro que merece a pena probar os distintos pratos que están preparando os establecementos hostaleiros con estes dous produtos do noso mar que teñen tanto sabor, como son os mexillóns e os bígaros”.
A festa do mexillón está organizada por Acisa e pola confraría de pescadores de Ribadeo. E a festa do bígaro tamén foi organizada por Acisa e conta coa colaboración da confraría de pescadores de Ribadeo, co Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia, o Fondo Europeo de Pesca e o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



