Voluntarios de Alcoa San Cibrao ensinan este venres 18 de outubro educación vial aos alumnos do colexio público Virxe do Carme de Burela. A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do centro recibe ademais 3.000 dólares da Fundación Alcoa como apoio a esta iniciativa dos empregados da fábrica.
Os voluntarios introducirán aos alumnos, de entre 3 e 12 anos, nas normas básicas de educación vial e profesionais de Autoescuela Burela instruiranos acerca das normas de tráfico e a sinalización vial.
Os voluntarios prepararán ademais nas instalacións do colexio un pequeno circuíto coa sinalización, onde os alumnos aplicarán os coñecementos adquiridos “sobre rodas” en bicicleta, triciclo ou patinete. As prácticas de circulación completaranse cun taller de sinais. Os 400 alumnos do centro están invitados a participar.
Con esta actividade, os voluntarios da fábrica de Alcoa en San Cibrao continúan co seu intenso Mes do Voluntariado, que iniciaron cunha xornada dedicada ás persoas con discapacidade intelectual acollidas no Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo. Ademais, ensinaron menús cardio-saudables aos alumnos do IES Marqués de Sargadelos, posto en marcha unha campaña de recollida de roupa para SOS África e doado sangue a Cruz Vermella.
Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financieiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda eo voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción e Bravo.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



