As xoias máis pequenas da base laranxa estréanse esta fin de semana na Liga Prebenxamín da Mariña 2013-14, con dúas citas na casa. En Prebenxamín 1, a ED Burela FS recibirá as Escolas de Celeiro Xove o domingo en Vista Alegre; en Prebenxamín 2, ACD Xove será o rival, o sábado, no Monte Castelo.
Completan a axenda de competición ligueira xuvenís, cadetes e infantís. En Liga Nacional, os xuvenís desprázanse á pista do Vilalba FS o domingo; o sábado en Liga Autonómica, cadetes e infantís visitarán a pista do IES Coruxo Vigo FS.
En amigables, o ACD Xove saltará ao Monte Castelo o sábado para medirse a cadetes e infantís, pola mañá. Pola súa banda, benxamíns e alevíns viaxarán a Ribadeo, pola tarde.
Liga Nacional Xuvenil
Vilalba FS-CD Burela FS
Domingo 17 de novembro, ás 12.30 horas, no pavillón municipal de Vilalba
Liga Autonómica Cadete
IES Coruxo Vigo FS-CD Burela FS
Sábado 16 de novembro, ás 18.15 horas, no pavillón de Navia en Vigo
Liga Autonómica Infantil
IES Coruxo Vigo FS-ED Burela FS
Sábado 16 de novembro, ás 19.15 horas, no pavillón de Navia en Vigo
Liga Prebenxamín da Mariña
ED Burela FS-ACD Xove (Prebenxamín 2)
Sábado 16 de novembro, ás 12.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela
ED Burela FS-Escolas Celeiro Xove FS (Prebenxamín 1)
Domingo 17 de novembro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Amigables
CD Burela FS Cadete B-ACD Xove Cadete
Sábado 16 de novembro, ás 10.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela
ED Burela FS Infantil-ACD Xove Infantil
Sábado 16 de novembro, ás 11.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela
Ribadeo FS Benxamín-ED Burela FS Benxamín
Sábado 16 de novembro, ás 16.00 horas, no pavillón municipal de Ribadeo
Ribadeo FS Alevín-ED Burela FS Alevín
Sábado 16 de novembro, ás 17.00 horas, no pavillón municipal de Ribadeo





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
