O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano mantivo este martes unha reunión en Foz con representantes de empresas da zona que participarán nas rutas medioambientais que a Deputación creou para a Mariña Central e que contribuirán a manter 123 postos de traballo de 36 empresas involucradas. Trátase dunha nova iniciativa do programa europeo Lug02, que implica a PEMES e autónomos da provincia, cuxos establecementos acadaron as marcas de calidade LugoSabe e Lug02 da Deputación.
Alfredo Llano salientou que as rutas forman parte da aposta do organismo provincial polo medio ambiente como oportunidade de negocio e o aproveitamento dos recursos naturais para xerar novas oportunidades económicas para os negocios locais.
As rutas creadas pola Deputación percorren lugares de interese, destacando en cada caso aspectos do patrimonio natural e gastronómico. Deste xeito, propoñen a visita a empresas produtoras, con degustación de produtos nalgúns casos; a realización de actividades de aventura; a estancia en hoteis ou comidas en restaurantes, entre outras alternativas. As rutas poñen en valor os establecementos e os produtos autóctonos.
Na Mariña Central son dúas as rutas turísticas creadas polo organismo provincial:
“Iniciación á espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo”, é unha ruta de aventura, que percorre os municipios de Foz, O Valadouro, Alfoz, Barreiros, Mondoñedo e Lourenzá. No seu percorrido involucra o a 17 empresas e 55 traballadores. Son 11 establecementos hostaleiros, 5 restaurantes e propón 7 elementos naturais ou arquitectónicos que visitar na zona.
“Descubrindo a Faba de Lourenzá” é unha percorre os municipios de Foz, Barreiros e Lourenzá destacando as cualidades gastronómicas deste produto autóctono. Involucra no seu percorrido a 9 establecementos hostaleiros, 7 restaurantes, 4 empresas produtoras e propón visitar 5 elementos naturais e arquitectónicos de interese. Son 19 empresas que dan traballo a 68 persoas.
Na Mariña, son 4 as rutas medioambientais, coas que o organismo provincial contribúe ó mantemento de 423 postos de traballo, impulsando a 77 empresas da zona. Ademais das dúas que se presentaron este mércores, a Deputación creou outros dous percorridos polos concellos de Viveiro, Xove, e Burela. Atréveste cun raid de aventura?”, percorre Viveiro, involucrando a 17 empresas que dan traballo a 137 persoas e “A evolución dos portos”, que percorre a zona de Xove, Burela e Viveiro, implica a 24 entidades con 163 traballadores en total.
13 novas rutas na provincia
En toda a provincia son 13 os roteiros creados pola Deputación, que destacan en cada caso os produtos autóctonos propios de cada unha delas, e a súa riqueza natural e patrimonial. Nestes días, responsables da iniciativa, están a manter reunións coas empresas involucradas. As rutas programadas son 7 gastronómicas, 3 de turismo activo e outras 3 enoturísticas.
As empresas que contan cos selos Lug02 e LugoSabe tiveron que superar unha rigorosa auditoría para obter, de maneira totalmente gratuíta, estes distintivos de calidade. O organismo provincial ofreceulles estar amparados por esta marca a todos os establecementos e empresas produtoras da provincia, co obxectivo de mellorar a competitividade e o posicionamento no mercado. As entidades cos selos da Deputación teñen garantido novas vendas e, polo tanto, máis beneficios xa que, dentro do proxecto Lug02, o organismo provincial desenvolve varias iniciativas, como a creación destas rutas, a promoción en feiras e eventos, campañas divulgativas e a plataforma de comercio electrónico da Deputación, www.losproductosdelugo.com, onde contan cun apartado específico para a venta electrónica.
























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



