José Manuel Pena.- Soidade, anguria e indefensión. Así se atopaba unha muller da bisbarra da Barbanza, a piques de quedar na rúa por causa dun procedemento de execución hipotecaria iniciado a instancias dunha coñecida entidade financieira. Iso foi o que nos moveu a coller as rendas e constituír unha Plataforma para protexer ás familias humildes do poder omnipotente dos bancos e presionar á clase política sobre a necesidade de garantir, de xeito efectivo, o dereito de todo cidadán a unha vivenda digna.
Eramos conscientes da cruzada que comezabamos contra o poder político e financieiro, mais nunca cremos atoparnos con tal cantidade de familias afectadas, en pouco máis de ano e medio de vida: case un cento de casos coa total imposibilidade de facer fronte ás súas obrigas hipotecarias, e moitas delas con graves dificultades para chegar a fin de mes, incluso sen nada que levar á boca.
Comezamos con entrevistas cos máximos responsables municipais e os departamentos de servizos sociais, todo iso xunto con campañas, nos diferentes medios de comunicación, co obxectivo de que a propia sociedade civil fose consciente da necesidade de loitar e oporse aos abusos bancarios, de obrigar ás entidades financieiras a negociar antes de que ningunha familia humilde, por causas económicas, tivese que perder a súa vivenda habitual.
Refinanzamento dos préstamos, moratorias, dacións en pago, alugueres sociais e cantidade de fórmulas existentes, todas elas para chegar a acordos puntuais coas entidades antes de que unha soa familia quedase na rúa. Un ano e medio despois do comezo, isto, sen dúbida algunha foi un obxectivo sobradamente cumprido.
Tamén nos centramos en recoller sinaturas, para presentar a Iniciativa Lexislativa Popular no Congreso dos Deputados: na bisbarra de Barbanza obtivemos o apoio escrito de máis dun milleiro de persoas. Pero a “chantaxe” do poder financieiro puido máis que a “sensatez” da clase política. Boas verbas e intencións pero os desafiuzamentos seguen a producirse, nun país con máis de seis millóns de persoas sen emprego, con máis de tres millóns de familias que viven na pobreza extrema e, nos últimos catro anos, con máis de medio millón de desafiuzamentos de familias humildes.
Mais non tardaron en implicarse no noso labor, de carácter permanentemente altruista, o Valedor do Pobo e varios profesionais liberais de prestixio (avogados e analistas financieiros), que, coa suficiente experiencia profesional, puideron oporse aos procedementos xudiciais e presionar ás entidades financieiras para obter o compromiso firme de non botar a ninguén da súa única vivenda. E mentras, comezaron a saír as primeiras sentenzas xudiciais dalgúns tribunais superiores. Sentenzas que protexían os Dereitos Humanos das familias contra a usura e o abuso da maioría das entidades: cláusulas e intereses abusivos, concesión de hipotecas-lixo, taxacións irregulares e concesión de préstamos hipotecarios coas garantías de avalistas, sabendo da clara imposibilidade de que a familia, en poucos anos, ía seguir cumprindo coas súas obrigas crediticias e entón o banco íase incautar de varias vivendas para logo especular e vendelas ao mellor postor. E facían todo isto aínda por enriba fachendeando, na maioría dos casos, de que estaban a cumprir o código de boas prácticas bancarias.
De contado nos demos conta de que Bruxelas lexislaba para protexer aos consumidores, namentres Madrid continuaba amparando o saqueo do patrimonio dos bancos por parte dalgúns membros dos consellos de administración con indemnizacións multimillonarias e vizosos plans de pensións. Mentras, milleiros de familias xa apenas poden pensar en pagar a hipoteca cando non son capaces de alimentar, vestir e custear os estudos dos seus fillos. Moitos dos seus membros xa teñen graves secuelas sicolóxicas polo acoso constante dos responsables das entidades financieiras. Mesmo algún ten varios intentos de suicidio ás súas costas.
Seguiremos loitando pola dignidade de todas estas familias. Cada vez somos máis e os verdugos xa están contra as cordas..
JOSÉ MANUEL PENA
Portavoz de “Stop Desafiuzamentos” de Barbanza
*Este artigo publícase de xeito simultáneo nos medios de comunicación integrantes da Asociación de Medios en Galego. Agradecemos a colaboración desinteresada de José Manuel Pena, cidadán comprometido de Ribeira, coa nosa misión de promocionar a lingua e a cultura galegas namentres falamos da realidade social de Galicia

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



