Foz, 26 de novembro de 2013.- A delegada territorial, Raquel Arias, visitou este martes aos alumnos participantes no obradoiro de emprego Pico do Castro, que dende principios do presente mes se desenvolve en Foz, impulsado polo Concello desta localidade da Mariña.
A delegada subliñou que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, financia “ao longo deste ano a contratación de 75 persoas desempregadas -entre alumnos-traballadores e monitores e persoal de administración- neste concello mediante o programa de cooperación e os obradoiros de emprego, como este do Pico do Castro, se estenderá ata finais de abril do ano 2014”.
Así, froito do impulso da Xunta, ao igual que no municipio focense, “tódolos concellos da comarca da Mariña, sen excepción, víronse beneficiados polos programas de fomento do emprego que promove a Administración autonómica”, destacou a representante do Executivo galego. Arias significou que, en conxunto, a actuación da Xunta neste ámbito “facilitou a contratación de preto de 340 desempregados só na comarca da Mariña”.
Arias, que estivo acompañada polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, sinalou a necesidade de seguir sumando sinerxías que procuren a creación de postos de traballo a nivel local. Ao respecto, indicou que existen novos viveiros de emprego susceptibles de xerar postos de traballo e “os concellos xogan un importante papel para detectar e aproveitar estes nichos de emprego no seu ámbito”.
A delegada explicou que a Consellería de Traballo e Benestar inviste preto de 178.000 euros (177.668 euros) neste proxecto, no que 20 traballadores desempregados adquiren formación teórica e experiencia laboral nas especialidades de instalación e mantemento de zonas verdes e albanelería e realizan obras de interese social no concello.
Os participantes do obradoiro levarán a cabo as seguintes obras:
• Restauración de espazos verdes na rúa Uxío Novoneyra
• Recuperación medioambiental da zona do Castro
• Mantemento das zonas arboradas do Bispo Santo e das árbores de varias rúas de Foz
• Acondicionamento dun local na rúa Xulia Minguillón para albergar aos colectivos sen ánimo de lucro do municipio
Os obradoiros están dirixidos a persoas maiores de 18 e teñen unha duración de seis meses, durante os cales os alumnos traballadores perciben un salario e adquiren unha formación teórica e práctica orientada ás demandas reais do mercado laboral.
Esta filosofía de “aprender traballando” permite ademais que os obradoiros realicen obras e servizos de interese para os concellos que os albergan, aspecto que tamén apuntou Arias durante a súa visita. “En xeral –afirmou- estes proxectos abren un importante espazo de colaboración cos concellos, que son os que mellor coñecen tanto o seu potencial como as súas necesidades”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



