Ribadeo, 6 de novembro de 2013. Amplíase ata o 8 de novembro o prazo de presentación da documentación esixida ás persoas interesadas en montar un posto no Mercado do Nadal de Ribadeo. Segundo lembran desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “esa documentación deberase presentar no rexistro do Concello”. Para consultar calquera aspecto do Mercado do Nadal os vendedores/artesáns poden poñerse en contacto co Concello de Ribadeo no teléfono: 982 128 650. O Mercado do Nadal, que chega á súa undécima edición, celebrarase do 3 ao 8 de decembro. Neste 2013 as casetas volverán situarse, ao igual que o ano pasado, polas rúas peonís do centro da vila.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



