O Concello de Foz e a Rede de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia organizan para o domingo 17 ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Foz o espectáculo ‘As Pombas de Carboeiro’. Trátase dun metarrelato no que un frade trata de convencer coa súa historia a un batallón do exército napoleónico para que os soldados non sacien a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras do mosteiro. A través do seu relato descubrirán a historia de amor protagonizada por Cervela (correo de El-Rei Fernando II) e Octavia (a filla máis nova de Lupa de Lobarzán); amor que por razóns de sangue non lles será permitido, e que dará a orixe á estirpe de pombas que habitan en Carboeiro. A técnica de representación da historia, na que se mesturan a lingua, os contos, os cantos, as lendas e os romances, é a do kamishibai, unha arte xaponesa baseada en imaxes impresas en cartolina nunha xanela de madeira que leva unha bicicleta. A lingua narrada mesturarase coa teatralidade, coa maxia, cos monicreques e, por suposto, coa música en directo.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



