Santiago, 15 de novembro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, quixo salientar o apoio da Xunta de Galicia ofrece coa achega de máis de 356.000 euros para impulsar diversos proxectos aprobados polo Grupo de Acción Costeira na Mariña e Ortegal.
CONCELLOS, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
Estas importantísimas axudas económicas que hoxe se resolven beneficiarán “a moitos concellos, entidades sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais e turísticas, que tiñan solicitada estas axudas e que comparten un punto común: a súa relación co mundo do mar e da pesca”
Segundo Balseiro Orol estes apoios amosan un compromiso claro do Goberno galego “coa idea de contribuír a mellora de vida das poboacións costeiras comprendidas entre Ribadeo e Valdoviño”. Nesa liña o deputado gabou o esforzo desenvolvido polo departamento que dirixe Rosa Quintana e polos equipos directivos dos distintos Grupos de Acción Costeira “que traballan na liña de seguir sumando esforzos na promoción e difusión dos produtos pesqueiros”.
O parlamentario indicou que sumando o diñeiro de anteriores convocatorias, o GAC-nº1 xa distribuíu case dous millóns de euros na Mariña e Ortegal
Os importes máis salientables son:
| Confraría de Pescadores de San Cibrao | Ansarón: mellora do sector marisqueiro da Confraría de San Cibrao |
11.424,59 |
| Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais | Xornadas gastronómicas Acerca2 ó Mar |
4.239,12 |
| Concello de Ribadeo | Ribadeo: Catedral do Mar |
43.824,00 |
| Concello de Foz | Festas gastronómicas do Mar de Foz |
25.469,60 |
| Ven al Norte, S.L.U. | Escola de deportes náuticos da Mariña |
150.000,00 |
| Concello de Burela | Promoción turística do Barco-Museo Reina del Carmen |
6.993,16 |
| Confraría de Pescadores de Celeiro | Recuperación, divulgación e posta en valor do remo tradicional na ría de Viveiro |
24.470,71 |
| Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo | Campaña promocional Mar de Lugo-2ª fase |
45.570,00 |
| Confraría de Pescadores de Burela | Dinamiza e conserva-fase I |
8.365,00 |
| Confraría de Pescadores de Celeiro | XVIII xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro |
20.571,60 |
| Concello de Xove | II festa gastronómica do percebe de Xove |
2.730,00 |
| Concello de Cervo | Programa de difusión da cultura mariñá |
6.209,37 |
| Concello de Viveiro | Campaña de promoción do turismo gastronómico dos produtos pesqueiros de Viveiro |
6.409,00 |
| Total |
356.276,15 |




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



