Pilar Martínez fíxose co primeiro premio da II Larpeirada de ourizo de outono celebrada este sábado en Cervo presentando a sobremesa de ‘Cañas recheas de crema de castañas’. O segundo premio foi para o ‘dietético pastel outonal’ de de Rosa López Piedra. O terceiro premio foi para o ‘rollito de castañas con galleta e bombóns de chocolate’ de Mercedes Martínez Pacín e o cuarto para as ‘bolas de outono (trufas de castaña)’ de Daniel García Caramés (12 anos).
Cañas recheas de crema de castañas, gañadoras da II Larpeirada de Cervo
Cañas recheas de crema de castañas, gañadoras da II Larpeirada de Cervo
Relacionado
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada
-
Acisa Ribadeo celebrou o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva