Este venres 15 de novembro continúa en Burela o ciclo de teatro afeccionado que organizou a Concellería de Cultura. A partires das 21 horas no auditorio da Casa da Cultura terá lugar a representación de Sen seu amor, a cargo do grupo de A Adala de Fazouro. A obra, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro, conta en termos cómico-dramáticos a historia real de Emérita e Nicanor sucedida en Foz entre os días 17 e 18 de setembro de 1929. A representación é para todos os públicos e a entrada será libre.
Continúa o Ciclo de Teatro Afeccionado en Burela
Continúa o Ciclo de Teatro Afeccionado en Burela
Relacionado
-
Falece un motorista en Lugo
-
O grupo dos maiores de Cervo Concilia fixo este mércores unha saída á praia para recoller tesouros naturais: cunchas, area, pedras e outros materiais especiais
-
O alumnado de 6º curso de Educación Primaria do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou cun evento o seu paso á ESO