Este proxecto, subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, contou coa participación de 32 xóvenes do Concello de Xove de entre 10 e 16 anos, e tamén coa participación de 5 voluntarias, encargadas de colaborar no deseño e elaboración do díptico informativo, da realización do informe final e memoria do proxecto, así como de apoiar aos nenos/as participantes para que se beneficiaran o máximo posible das actividades, prestando especial atención aos menores con dificultades.
No proxecto, que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto, realizáronse distintas actividades (Informática e Fotografía, Mnemotecnia, Baile Deportivo, Reciclaxe, Manualidades e Sendeirismo), ofertando diferentes formas de ocupar o tempo de lecer.
A entrega de diplomas e agasallos realizouse este pasado sábado 2 de novembro, nun acto presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira Ana Abad e pola responsable de voluntariado María José Alonso. As 5 voluntarias colaboradoras foron: Inés Alonso, Paula Campo, Nerea Fernández, Raquel González e Xiana Otero.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



