As categorías alevín masculino e feminino das Escolas Deportivas de Lourenzá, así como as benxamín masculino e feminino, desprazaranse a Vigo (Balaídos) este sábado dia 9 de novembro para participar na II Liga Escolar Federada que organiza a Federación Galega de Atletismo e que terá continuación o dia 30 en Lugo. Ésta é a primeira vez que participa o clube no que cada proba ten que ser cuberta por dous atletas e un atleta non pode ir a máis de duas probas.
Os atletas seleccionados son os seguintes:
ALEVÍN MASCULINO: Mario Pardo, Nicolás Álvarez, Samuel Debasa, Aleix Diaz, Joel Moirón, Xaquín Sánchez, Hugo Villalba.
ALEVÍN FEMININO: Hiba Bouyzar, Sara García, Ainhoa López, Mencía Martínez, Ainra Rguez, Aroa Sordo, Ana Vallines, María Vallines.
BENXAMÍN MASCULINO: Brais Diaz, David Martinez, Ian Méndez, Manuel Rguez, Fernando Vallines, Nicolás Rguez.
BENXAMÍN FEMININO: Valeria Álvarez, Carmen García, Diana Lastra, Jimena Otero, Lara Recalde, María Sánchez.
Os equipos benxamín acuden por primeira vez a un campionato destas características coa finalidade de aprender mentres que os equipos alevín masculino e feminino sí intentarán facer un bo papel co resto de 9 equipos da comunidade galega.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
