Gato Pardo e O Recuncho, empatados a puntos, lideran a clasificación da Liga de Veteranos de fútbol sala de Viveiro trala celebración da quinta xornada.
O primeiro gañou por 4 – 1 a Óscar Joyeros nun partido disputado o xoves 14 de novembro; mentres que O Recuncho se impuxo ao Os Arcos por 8-3 nun dos partidos do luns.
No polo oposto atópanse Soho, Lodeiro e Os Arcos que continúan sen sumar despois de disputar os cinco primeiros partidos da competición.
Pola súa banda, o Temple suma os seus 3 primeiros puntos tras gañar ao Flanagans por 3-5. E tamén sumaron 3 novos puntos Punto Galego tras vencer a O Mesón por 1-3; A Curva ó impoñerse a Lodeiro por 6-0; A Fonte, que gañou cun balance de 5-3 fronte ao Soho e Cofipesca tras registrar un marcador final de 2-5 ao seu favor no partido contra o Forum.
A vindeira xornada disputaranse os seguintes encontros:
Óscar Joyeros – Flanagans: luns 18, ás 20.30 horas.
Punto Galego – A Fonte: luns 18, ás 21.15 horas.
Lodeiro – Forum: luns 18, ás 22.00 horas.
Cofipesca – Gato Pardo: xoves 21, ás 20.30 horas.
Temple – O Recuncho: xoves 21, ás 21.15 horas.
Os Arcos – O Mesón: xoves 21, ás 22.00 horas.
Soho – A Curva: xoves 21, ás 22.45 horas.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
