Lugo, 20 de novembro de 2013.- A Consellería de Economía e Industria financia con 850.000 euros (849.608 euros) proxectos de habilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais da provincia galego.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, significou que as axudas que veñen de darse a coñecer que esta liña de apoio enmárcase “no labor de colaboración que está a desenvolver o departamento autonómico coas administracións locais para contribuír á mellora da competitividade dos parques empresarias de Lugo”.
Así, por exemplo, segundo indicou a delegada, a través destas achegas “contribúese á eficiencia enerxética coa substitución de luminarias, incorpóranse novas cámaras ao sistema de seguridade, mellórase a xestión de residuos e modernízanse vías de acceso e comunicación dos polígonos”.
Arias resaltou a importancia desta liña de colaboración cos concellos que impulsa este ano actuacións en 11 parques empresarias de distintos concellos da provincia de Lugo, xerando postos de traballo e incrementando a competividade do tecido empresarial da provincia. “Deste xeito, colaboramos cos municipios lucenses, facilitando a realización de distintas iniciativas mediante o investimento mobilizado pola Xunta”, expuxo.
Impulso na provincia lucense
Con estas axudas dase un novo impulso ás administracións locais, con apoios que, para os proxectos individuais, alcanzan ata os 120.000 euros, e que se ven incrementados nun 15% nos casos de consorcios de 2 e 3 municipios.
Unhas cantidades que, como é o caso de Palas de Rei, increméntase nun 5% para os municipios beneficiados polo Plan Impulsa Lugo, como no resto de Galicia sucede cos Plans Impulsa Ourense, Ferrol e Costa da Morte.
Neste sentido, e como sinalou Arias, “preto da terceira parte do medio cento de concellos beneficiados por estas axudas en Galicia encádranse na provincia de Lugo”. Así mesmo, Arias recordou que, para facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permítese o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida.
|
CONCELLO |
PROXECTO |
AXUDA |
| Cervo | Pavimentación de acceso ao polígono | 18.958,44 |
| Chantada | EDAR no polígono industrial Os Acivros | 87.281,59 |
| O Corgo | Creación dunha nova vía de acceso norte | 101.595,37 |
| O Corgo | Instalación de aforro e eficiencia enerxética mediante enerxía solar fotovoltaica | 40.922,24 |
| Lourenzá | Sistemas de seguranza e vixilancia | 25.500,00 |
| Lugo | Vías de acceso a parques empresariais | 119.265,94 |
| Meira | Substitución de tubaxe de saneamento na rúa Rego de San Vicente | 63.295,96 |
| Monforte de Lemos | Sistema de vixilancia de verteduras e aumento do caudal evacuado pola rede de sumidoiros | 105.429,88 |
| Palas de Rei | Sistema de videovixilancia no P.I. de Palas de Rei | 24.504,52 |
| Palas de Rei | Xestión de residuos no P.I. de Palas de Rei | 11.780,44 |
| Palas de Rei | Aforro enerxético no P.I. de Palas de Rei | 11.883,25 |
| Sarria | Aforro enerxético mediante sistema intelixente de iluminación no polígono de San Xulián | 9.486,15 |
| Sarria | Proxecto de aforro enerxético mediante sistema intelixente de iluminación con tecnoloxía led en Morelle | 17.454,44 |
| Taboada | Vías de acceso a parques empresariais | 63.121,41 |
| Vilalba | Xeración enerxías renovables (fotovoltaica) | 47.209,43 |
| Vilalba | Deshidratación de lamas e desinfección de augas residuais | 101.916,02 |




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



