14 de novembro de 2013. Tras a insistencia de Iniciativa Galega Pola Gratuidade da Sanidade Pública para ser recibidos polo presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, co fin de urxirlle que paralice a aplicación do copago dos medicamentos de dispensación hospitalaria para pacientes ambulatorios con enfermidades graves e/ou crónicas e debater sobre o futuro da sanidade pública galega, fontes do Gabinete do líder do Executivo galego comprometéronse a que nos vindeiros días os membros da plataforma serían convocados para dito encontro co presidente.
Desde a plataforma esperan que este compromiso se faga efectivo canto antes xa que de non ser así retomarán o feche nas instalacións da Xunta de Galiza en San Caetano, en Santiago de Compostela, até lograr o seu propósito, xa que entenden que “as medidas que en materia sanitaria está aprobando o Goberno do Estado e que o Goberno galego está aplicando obviando os dereitos dos galegos e galegas, teñen como única finalidade excluír do Sistema Sanitario aos enfermos e, principalmente, a aquelas persoas que non teñen recursos económicos para facer fronte a tanto copago. O Partido Popular está a traballar para que só os ricos teñen dereito á saúde.”
Manifestación en Compostela o 17 de novembro
Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública, que agrupa a diversos colectivos da comarca de Lugo, participará na manifestación nacional que se celebrará este domingo, 17 de novembro, en Compostela, baixo o lema “O copago mata, por unha sanidade galega gratuíta”, que sairá da Alameda ás 12:00 horas. Insisten en que “é importante a participación de todos os galegos e galegas, en canto está comprobado que o único que paraliza ao Partido Popular é a contentación social. Non estamos dispostos a permanecer quedos mentres o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza continúan atacando dereitos fundamentais. A sociedade ten que revelarse contra medidas inxustas e discriminatorias, como é o establecemento do copago para enfermos crónicos e/ou graves, vítimas, tamén, doutros copagos establecidos anteriormente e que veñen minando gravemente as súas posibilidades de disfrutar dunha sanidade pública, gratuíta e de calidade. Digamos non a repago.”
Para todos e todas as lucenses que queiran asistir a esta manifestación, sairán autobuses ás 10:00 horas de diante de Sindicatos na Ronda da Muralla; pódese reservar praza nos autobuses nos teléfonos 982.28.4.10 e 982.55.58.12, até as 20:00 horas do venres 15 de novembro.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



