O regulamento aprobado polo equipo de goberno do PP de Alfoz no primeiro pleno da lexislatura, di que as xuntas de goberno se celebrarán os días 15 e ultimo día de cada mes as 11:00 horas da mañá. No mesmo pleno delegaron todas as competencias permitidas pola lei na mesma, para que non fosen tratadas nas sesión plenarias.
Este venres día 15 presentouse un concelleiro de Independentes polo Val no Concello ás 10:30 da mañá para presenciar a sesión, tras falar coa interventora, esta dirixiuse ó despacho do alcalde e tras unha conversa entre ambos, comunicouselle o concelleiro que non se ía celebrar a sesión argumentando que non había temas a tratar.
“Parécenos verdadeiramente lamentable a actitude que mostra o equipo de goberno do pp, xa anuncíaramos que ían recurrir a estas artimañas para continuar ocultando as comisión e evitar que posen públicas”
A pregunta que todos nos temos que facer , ¿Qué é o que teñen que ocultar?, curiosamente na primeira comisión a que acude público dende que se comunicou a sentenza non se celebra.
Dende Compromiso por Galicia xa fixemos pública a sentenza a nivel galego para evitar os graves conflictos que se poden dar nos concellos.
“O alcalde de Alfoz, actuando deste modo, está incumplindo tanto a lexislación como a constitución española”
“De continuar sen cumprir a lei, tanto na publicidade das convocatorias como no acceso as propias sesións, verémonos obrigados a acudir a fiscalía para que sexa esta quen faiga cumplir a lei en Alfoz”.
“No PP de Alfoz deben mentalizarse que o concello non é propiedade deles, é dos veciños, e tras máis de 40 anos gobernando con total opacidade, xa é hora de introducir algo de transparencia na xestión do mesmo.