O líder dos socialistas na provincia, Juan Carlos González Santín, presidirá este domingo o congreso extraordinario que celebrará o colectivo Xuventudes Socialistas de Galicia, no seu ámbito provincial, elexir novo secretario xeral. Trátase dun proceso obrigado, que así figura nos estatutos do Partido, e que o PSOE ten que levar a cabo cada vez que a secretaría xeral provincial cambia de representante.
Deste xeito, unha vez pechado o proceso de presentación de candidaturas, o lucense Jesús Vázquez Tallón postúlase como o único candidato á coordinación provincial. Logo de presentar o seu proxecto en todas as comarcas da provincia, Jesús Vazquez, asegura que asume esta responsabilidade “porque é o momento de estár a pé de rúa, coñecendo a realidade de cada un dos entornos da provincia e facer que a xuventude vexa que co novo proxecto socialista, somos unha alternativa real para cambiar a sociedade”. Neste senso, indica que “na nosa provincia, camiñaremos da man de González Santín, para lograr unha bidireccionalidade co PSdeG e ser un referente, chegando a todos e cada un dos ámbitos de incidencia da xente xove”.
Horario do congreso
O congreso dará comezo ás 10:30 horas e rematará sobre as 12:00 horas. A proclamación e discurso do novo coordinador provincial de Xuventudes realizarase ás 11:30, aproximadamente. No encontro, está previsto que tamén participen o secretario deste colectivo a nivel galego, así como mozos simpatizantes de Lugo e do resto das provincias.