Lugo, 19 de novembro de 2013.- Achégase o Nadal e con él a solidariedade dos mozos do Partido Popular de Lugo, que un ano máis, poñen en marcha a súa tradicional campaña de recollida de xoguetes para, no mes de xaneiro, entregarllos a Cáritas.
Baixo o lema “comparte un sorriso”, NNXX da provincia de Lugo inicia esta campaña solidaria e para inaugurar esta acción solidaria, celebrará o vindeiro venres, día 22 de novembro, unha cea benéfica que terá como convidada especial á cantante de O Incio, Lucía Pérez.
Foi a coordinadora de familia de NNXX, Goretti Díaz, quen anunciou que a primeira recollida terá lugar este venres, día 22 de novembro nunha cea benéfica que se celebrará no restaurante Torre de Núñez de Lugo e que contará coa colaboración da cantante de O Incio, Lucía Pérez.
A popular explicou que toda aquela persoa que asista á cea deste venres, deberá levar un xoguete un bo estado e depositalo no lugar habilitado para elo.
Concluíu a moza popular manifestando que todas aquelas persoas que queiran colaborar con esta acción solidaria poden facelo dende hoxe e ata o 31 de decembro, deixando os xoguetes na sede do PP de Lugo (Poeta Ramón Cabanillas, nº14), na oficina do grupo municipal popular do Concello de Lugo ou en calquera sede popular dos 67 concellos da provincia de Lugo.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



