Foz, a 20 de novembro de 2013.- O BNG de Foz, dentro das alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, vai a propoñer que se actúe sobre terreos sen edificar para dar solución a ausencia de aparcamentos, zonas de ocio e zonas verdes que ten o pobo.
Para o BNG, o Concello de Foz caracterizouse por unha política urbanística, aplicada polos diferentes gobernos tanto do PP como do PSOE, que non buscou o interese xeral e permaneceu ao marxe da función social que deben cumprir as plusvalías que xera a actividade urbanística.
Neste sentido, debemos ter en conta que as promocións que se executaron nos últimos 20 anos e principalmente ao longo dos anos do “boom” urbanístico (2005 e 2006) non viñeron acompañados da asunción das cargas necesarias para poder levar adiante un proceso urbanístico sustentable nin das cesións necesarias para dotacións e zonas verdes suficientes principalmente dentro das áreas de máis concentración da edificabilidade. Tanto é así, que hoxe en día en Foz, despois de todo o que se edificou, seguen practicamente a mesmas zonas libres e dotacionais que hai corenta anos e incluso nalgúns casos menos. O Plan Xeral en curso propón moitas zonas verdes en espazos que non cumpren as condicións necesarias para poder computar como tales, como poida ser a zona verde da praia da Rapadoira ou a de Llas.
O BNG, para paliar esta deficiencia estrutural do urbanismo en Foz que veu como consecuencia, como dixemos, de gobernos municipais que se despreocuparon destes aspectos, dentro das alegacións a realizar ao Plan Xeral fará propostas que actúen sobre terreos sen edificar e que actualmente pertencen ao Sareb (o chamado “banco malo”) onde se inxectaron miles de millóns de cartos públicos para “lavar” os tóxicos inmobiliarios da banca.
En concreto, o BNG ten a idea para o PXOM de actuar sobre os terreos situados na Rúa de Lugo en confluencia coa Rúa Vilar Ponte, xusto en fronte da Casa da Cultura, onde quedou sen executar unha licenza cunha enorme edificabilidade e con máis de 2.500 m2 de superficie e onde podería situarse unha gran zona de prazas de aparcadoiro subterráneo con zonas verdes e dotacións públicas na parte superior. Así, o Concello debería negociar coa edificabilidade dos terreos para construír vivendas de baixo aluguer ou de protección oficial cunha praza pública arredor das mesmas, como o BNG propuña hai tempo na zona da Casa do Cura, na Congostra.
Finalmente, o BNG volve a manifestar que un novo planeamento urbanístico debe partir de concepción de que o interese xeral está por riba dos intereses particulares e que ten a obriga de ordenar o territorio dando resposta aos problemas centrais dos veciños e veciñas que no caso de Foz son o acceso á vivenda, as zonas dotacionais como aparcadoiros e zonas de ocio colectivo e as infraestruturas, sobre todo sociais e comunitarias como a Residencia e o Centro de Día, das que falaremos noutra ocasión.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



