Viveiro, 16 de novembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, logo de convocar ás veciñas e veciños de Viveiro, a unha concentración baixo o lema “POR UN VIVEIRO ABERTO AO MAR”, o vindeiro día 23 de novembro de 2013 ás 12.30 horas; presentará nos vindeiros días, a través do grupo parlamentar, unha emenda, para que se adiquen 3.000.000 euros á reparación do Muelle Vello de Viveiro no ano 2014.
Bernardo Fraga, Portavoz do BNG declarou no día de hoxe “Agardamos que no Parlamento Galego, saia adiante esta emenda aos orzamentos da Xunta, para poñer fin a 30 anos de abandono do Muelle Vello de Viveiro” “Nesa votación, veremos con claridade se o Partido Popular que goberna a Xunta de Galiza e o Estado, ten interese en renovar o muelle vello, ou pola contra, deixa o futuro de Viveiro abandonado e en derrubo continuo”
Así mesmo, o BNG, propón unha inversión inicial de 3 millóns de euros no ano 2014, para levar adiante un Proxecto de reforma integral do muelle vello, esta anualidade levaría consigo a redacción do proxecto e inicio das obras. O proxecto proposto polo BNG vai en concordancia co programa electoral da formación nacionalista, e consistiría na realización de amplias zonas de aparcamento, tanto en superficie como soterrado, un parque infantil, pistas deportivas abertas, zonas axardinadas e de paseo, a fin de crear unha zona que abra Viveiro ao mar.
Os nacionalistas entenden, que a solución para o muelle vello, debería ser unha solución de todos, acordada entre os distintos grupos da corporación e a Xunta de Galiza, para construir o futuro de Viveiro entre todos.
“No BNG somos conscientes da situación económica, e cremos que as inversións en infraestructuras teñen que ser, para aquelas que realmente se precisen, coma esta, fundamental para o futuro do comercio de Viveiro e do noso Casco Histórico” rematou declarando o Portavoz nacionalista.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



