A Mariña, 9 de novembro de 2013. O BNG presentará no debate parlamentario dos orzamentos da Xunta de Galiza emendas de entidade coas que pretenden “que os orzamentos sexan reais e adecuados ás necesidades das veciñas e dos veciños da Mariña”. Segundo o BNG, “o proxecto orzamentario que presenta o Partido Popular vén a continuar na liña dos últimos anos, desatendendo necesidades da poboación como son os servizos sanitarios ou o emprego”.
Para o BNG “uns orzamentos públicos teñen que servir para mellorar a calidade de vida das persoas e non para aplicarlles recortes en servizos básicos.” No caso da Mariña, a cantidade que se destina, segundo explicaron os seus cargos na Mariña aínda que non aparece como tal no proxecto, á ampliación do Hospital da Costa é irrisoria e vén a confirmar a falta de credibilidade e de compromiso do Partido Popular neste aspecto. Por esta razón, desde a formación frontista presentarán diversas emendas para que se incremente o orzamento destinado á ampliación do Hospital e tamén para que se poña en marcha un hospital de día oncolóxico de calidade e que garanta a prestación do servizo cos medios técnicos e humanos necesarios.
O mesmo acontece nunha cuestión tan prioritaria como é o ámbito do emprego. Mentres na Mariña seguen a darse expedientes de regulación de emprego e peches de empresas punteiras, o Partido Popular mira para outro lado e volve a incumprir os seus compromisos a respecto de dotar á comarca dun plan de acompañamento para todas as persoas que sofren a lacra do paro. Por esta razón, o BNG considera prioritario nas súas emendas que se contemple unha dotación orzamentaria para pór en marcha un plan de emprego na comarca que impida o seu desmantelamento industrial e condene á poboación mariñá á emigración.
Ademais, o BNG reclamará que a Xunta asuma parte da financiamento das unidades de servizos sociais, escolas infantís e do SAF básico. Igualmente, solicitará a inclusión nos orzamentos de partidas para costear infraestruturas fundamentais na comarca como a VAP Ferrol-San Cibrao, a estrada LU-124 Mondoñedo-Vilameá, nos tramos Vilameá-Riotorto e Riotorto-Mondoñedo ou as residencias da terceira idade de Foz e Ribadeo.
Os nacionalistas tamén solicitan a redistribución dos 6,07 millóns de euros que a Xunta prevé investir na dotación de servizos ás urbanizacións en Barreiros. Desde o BNG achegan propostas para que ese diñeiro se reparta para todo o concello e serva para dotar de servizos á totalidade do municipio.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



