A OMIX do Concello de Alfoz organiza para Nadal 2013 actividades para nenos de ata 11 anos nas que haberá xogos, cine, manualidades, música, contos…
As actividades desenvolveranse en horario de mañá, das 12.00 ás 13.30 horas os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro.
Os interesados poden inscribirse falando con Mirta no teléfono 982 57 12 71.
Poesía Infantil
A Biblioteca Pública Municipal de Alfoz convoca o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2013” (fase local) no que poden participar os nenos e nenas interesados divididos en tres categorías: A (ata 8 anos), B (de 9 a 11 anos) e C (de 12 a 16 anos) baixo o tema xenérico do Nadal.
Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. O prazo de presentación dos poemas rematará o 23 de decembro de 2013, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal de Alfoz.
Posteriormente, un xurado seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos que recibirán cadanseu diploma e libros. Ademais, os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
XI Concurso de Postais de Nadal 2013
Do mesmo xeito, a Biblioteca e a OMIX do Concello de Alfoz convocan o XI Concurso de Postais de Nadal 2013 onde poderán participar os rapaces e rapazas nas categorías de Primeiro, Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria.
Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Con cada traballo acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor. As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4 dobrado pola metade. E, o prazo de presentación das postais rematará o 23 de decembro de 2013, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal ou na OMIX do Concello de Alfoz.
O xurado seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de dous traballos que serán premiados. O fallo do xurado farase público na primeira quincena de xaneiro de 2014.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



