O EFEGA Formación SD Ribadeo disputou o sábado 16 de novembro dous partidos na sexta e sétima xornadas da Liga de tenis de mesa correspondente á Terceira Nacional sen obter ningún punto.
O partido disputado ás catro da tarde contra o Ferrol TM rematou cun 1-6 no marcador a favor dos visitantes, terceiros clasificados da categoría. Os ribadenses pouco puideron facer contra un experimentado Ferrol TM que fixo gala das súas táboas e calidade. O partido de dobres foi moi axustado e puido caer do lado dos locais, pero ó final, os visitantes demostrar ter máis temple neste tipo de situacións.
Xogador A: Javier de Burgos; xogador B: Daniel López; Xogador C: Diego Pérez. Dobres: Diego Pérez e Javier de Burgos.
Resultados: 0-3, 0-3, 1-3, dobres 2-3, 0-3, 0-3, 3-2. Resultado definitivo 1-6.
Pero, moito máis dolorosa foi a derrota contra o cuarto clasificado, o Conxo T.M, cando os ribadenses se quedan de novo a un “once” da vitoria.
Javier fixo un bo partido anotando dous puntos, aínda que isto non bastou para que o EFEGA Formación se levara a vitoria. Co marcador igualado a 3, xogouse o sétimo e definitivo partido que finalmente caeu do lado visitante pola mínima diferenza, 2-3. Así, o EFEGA Formación demostra que continúa a faltarlle unha pizca de sorte nos momentos finais; xa que son catro os encontros que acaban con ese mesmo resultado de 3-4. Será preciso que cambie a súa sorte para manter a categoría no ano da súa estrea en 3ª División Nacional.
Xogador A: Daniel López; xogador B: Diego Pérez; xogador C: Javier de Burgos. Dobres: Diego Pérez e Daniel López.
Resultados: 2-3, 2-3, 3-1, dobres 0-3, 3-2, 3-0, 2-3. Resultado definitivo 3-4.