O ciclo de teatro “Escena en Barreiros” que puxo en marcha a asociación veciñal Irmandade San Caetano e o Colectivo Cultural Ollomao, en colaboración co Proxecto Teatral Buxiganga, rematará este domingo, con catro fins de semana seguidas de oferta teatral en Barreiros. O grupo Nostrum Cai de Lugo, Ardora de San Cibrao e a actriz Isabel Risco, reuniron ata 200 asistentes nestas xornadas de teatro, cuxo principal obxectivo era achegar a oferta lúdica a aqueles espazos do concello barreirense con menos programación cultural; así como aproveitar aquelas instalación sociais das parroquias barreirenses, como as escolas ou os teleclubes, que maiormente se atopan pechadas e sen acoller apenas actividade. Con este mesmo fin, o centro social de Cabarcos vai converterse este domingo, ás 7 da tarde nun teatro, coa representación da obra “Os Putativos” polo Grupo de Teatro de Ribadeo. O aforo será limitado e a asistencia está aberta a todas as veciñas e veciños de Barreiros e de toda a contorna que desexen achegarse.
O Grupo de Teatro de Ribadeo participa en ‘Escena en Barreiros’
O Grupo de Teatro de Ribadeo participa en ‘Escena en Barreiros’
Relacionado
-
O vindeiro luns, 30 de xuño, dará comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
-
Visita do alumnado do obradoiro “Terra do Ortegal II” a ASPROMOR
-
Unha muller faleceu tras ser alcanzada por un tren nun paso a nivel en Rábade