O Valadouro, 12 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular do Valadouro censurou este martes a actitude autoritaria do alcalde no último pleno, tras impoñer este a “inxusta, desproporcionada e inaceptable” expulsión do portavoz popular, Jose Manuel Lamela, “precedida ademais dun xesto violento do rexedor, que deu un puñetazo na mesa”, e acordando a expulsión sen ter realizado ningunha advertencia previa, nin chamamento á orde.
Os populares atribúen esta decisión ao nerviosismo crecente do rexedor socialista, Edmundo Masesa, incapaz de aceptar o papel de control e oposición que lle corresponde ao Partido Popular e ao intento de gañar certo protagonismo tras ser eclipsado tanto polo PP, como polos seus socios de goberno. Neste senso aconsellan ao rexedor socialista que traballe máis polo concello e que asuma que en democracia hai que ter respecto, canto menos institucional, ao PP, o partido máis votado polos veciños do Valadouro, que ten dereito a participar nos plenos con voz e voto, permitindo certo debate.
PROPOSTA SEN CONSENSO PREVIO
Por outra banda, os populares tamén quixeron aclarar que ningún representante do Goberno tripartito local contactou co Grupo Popular para consensuar o nomeamento como fillo predilecto de Miro Casabella, pese a que, o regulamento vixente, establece que era preciso o voto do PP para adoptar esta decisión (é preciso contar cunha maioría cualificada de dous terzos)
Os populares lamentan que a concelleira de Udival, promotora desta iniciativa, nin tan sequera fora quen de informarlles previamente desta proposta e lembra que, cando no pasado suscitouse un nomeamento destas características foi consensuado entre o Goberno local e as forzas políticas da oposición, antes de levalo ao pleno.
Desde o PP cualifican de torpeza e incompetencia o proceder da concelleira de Udival, María José Suarez, quen como mínimo debera ter realizado unha consulta previa antes de realizar a proposta de nomeamento en pleno e sinalan que debera pedir desculpas pola súa incompetencia a quen puido ter expectativas de ser homenaxeado.
O Grupo Municipal Popular respecta, non discute e valora a profesionalidade de Miro Casabella aínda que entende que non procede este nomeamento, fallido tanto nas formas como no fondo, razón pola que decidiron e decidirán absterse na votación.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



