Lugo, 15 de novembro de 2013.- Trala preocupación e o interese dos populares en que se poña en marcha a Copa Deputación de fútbol sala, a voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia e o deputado provincial, José Manuel Yanes Ginzo, mantiveron este venres unha xuntanza cos presidentes de varios clubes de fútbol sala para escoitar as súas peticións e inquedanzas.
En dito encontro, as entidades deportivas deron conta da necesidade da celebración da Copa Deputación, algo que xa lle trasladaron fai dous anos ao Organismo Provincial para lograr un soporte económico debido ao gasto que esto trae consigo. A Deputación comprometeuse a levar a cabo esta petición pero a día de hoxe todo sigue igual.
Os populares, sendo coñecedores que existen outras modalidades deportivas que contan con esta competición, co beneficio económico que repercute, e debido a esta promesa incumprida por parte do Ente Provincial, urxiron ao Organismo a que aplique un trato igualitario para tódolos clubes e instárono a que revele os pasos que prevé seguir para por en marcha a copa Deputación de fútbol sala.
Concluíron a voceira dos populares, Elena Candia e o deputado provincial, José Manuel Yanes Ginzo, salientando a importancia do fútbol sala, un deporte con moita aceptación na provincia e lembraron que na pasada sesión plenaria o grupo provincial popular formulou unha pregunta para saber cómo vai colaborar a Deputación de Lugo para sacar adiante esta proposta.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



