O PSdeG-PSOE apoiará ós traballadores de Sargadelos na manifestación convocada polo comité de empresa para este venres. Deste xeito, integrantes da executiva provincial como a coordinadora comarcal da Mariña, Mayra García Bermúdez, e o deputado autonómico, José Ramón Val Alonso, participarán na concentración para esixir que se garanta a viabilidade de dita factoría. Neste senso, José Ramón Val subliña que”estaremos cos empregados de Sargadelos, pois hai que pensar que o 90% da plantilla afectada son mulleres e que esta empresa non só xeraba emprego senón que, ademais, era un dos reclamos turísticos da Mariña a nivel nacional. Por iso, se se producen os despedimentos, todo o valor engadido que se xerou ó longo destes anos co funcionamento desta factoría na comarca desaparecerá de cheo. Loitaremos cos traballadores”.
A voz de Sargadelos na Cámara galega
A semana pasada, en cumprimento da palabra dada ós integrantes do Comité de Empresa na reunión que os socialistas mantiveron nas propias instalación da fábrica, foron a voz dos traballadores no Parlamento galego. Concretamente, esixiron a administración autonómica explicase detalladamente a que destinou o millón de euros concedido a esta entidade en 2010 (400.000 a fondo perdido e 600.000 a través dun préstamo participativo) e a poñer en marcha un plan de emprego específico na Mariña que permita reactivar o tecido económico-produtivo desta zona.
A este respecto, o socialista subraiou que “así nos comprometemos, e así o fixemos. Cremos que é de xustiza que o goberno de Feijóo apoie a todos os mariñanos pero, sobre todo, a todas as familias que dependen desta fábrica. Isto non é só unha cuestión económica, senón que estamos falando doutro tipo de sensibilidades”, indicou.
A dirección de Sargadelos ten previsto despedir a 70 dos 172 traballadores, sendo a fábrica de Cervo a máis perxudicada. No caso da planta de San Cibrao, contémplase a rescisión do contrato de 41 dos 80 empregados que en total ten a entidade e, na de Sada, 29 dos 83 existentes. Trátase, pois dunha drástica redución de persoal que pon en risco a esencia dunha factoría na que se seguen elaborando as pezas de unha en unha. Os directivos da empresa xa comunicaron ós empregados que non queren negociar cos comités por separado, como se fixo cos catro ERES anteriores, dos que tres foron temporais e o cuarto de redución de xornada. As dúas fábricas encadenaron este ano o cuarto exercicio consecutivo en perdas, cuns resultados negativos no seu conxunto de case 270.000 euros, desplomándose así as vendas anuais ata un 20%.
Apoio decidido do PSOE
O deputado autonómico asegura que “o noso apoio é decidido porque o que non se pode permitir é que, por mor dunha mala xestión por parte da Xunta de Galicia, esta empresa se poida ver abocada ó seu peche, ó igual que o fixeron con anterioridade outras entidades importantes para o tecido socioeconómico e produtivo da Mariña”. É o caso de Muebles Hermida, ECAR de Mondoñedo ou o Grupo Mon. Ante esta crítica situación que atravesa a comarca, José Ramón Val destaca a necesidade de que a Xunta de Galicia e o Goberno Central lideren un plan de recuperación do emprego e da actividade económica da Mariña, incluíndo a apertura de liñas de financiamento específicas a conta do IGAPE para todos aqueles autonómos e PEMES da comarca que se atopan atrapados en concurso de acredores, e que, como consecuencia dos mesmos, a súa viabilidade está en risco, así como un plan de choque que fomente o consumo a fin de evitar o peche de centos de pequenos negocios existentes en toda a comarca.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



