Lugo, 19 de novembro de 2013.- O presidente do Partido Popular de Lugo e portavoz do Grupo Popular no Senado, Jose Manuel Barreiro explicou hoxe que os alcaldes populares veñen de convocar para o vindeiro xoves día 21 de novembro plenos extraordinarios en todos os concellos da provincia –alí onde gobernan- nos que se instará á Deputación provincial a rectificar, “por discriminatorio e excluínte” o novo Plan de Emprego.
Os populares lucenses reiteran “o seu máis enérxico rexeitamento” á decisión adoptada polo bipartito de socialistas e nacionalistas que, desde o Goberno da administración provincial, deseñaron un plan de emprego que non permite participar na selección a 9 de cada 10 desempregados lucenses.
55 CONCELLOS FÓRA DO PLAN
Unha vez coñecidas as bases reguladoras do plan de emprego, desde o PP están en disposición de asegurar que quedarían fóra deste plan, aínda máis concellos: En concreto, 55 dos 67 municipios da provincia. Tan só acadarían a puntuación mínima 12 municipios: un gobernado polo PP (Quiroga) e o resto (11 concellos máis) con alcaldías do PSOE e do BNG, que se repartirán entre eles un orzamento de dous millóns de euros. Este dato é especialmente curioso tendo en conta que os populares ostentan o 64% dos gobernos locais.
QUE TODOS POIDAN PARTICIPAR
Barreiro explicou que nas sesións plenarias convocadas “esixirase á administración provincial que modifique as actuais bases que rexen o plan de emprego e que dote á actual convocatoria de orzamento suficiente para que podan participar neste programa todos os concellos da provincia e, en consecuencia, poidan beneficiarse ao maior número de persoas desempregadas posibles”.
Todos os plenos terán lugar o xoves 21 de novembro excepto no concello Quiroga que non se realizou a convocatoria por ser o único concello do Partido Popular que estaría dentro do plan. Os populares gobernan hoxe 43 dos 67 concellos da provincia, isto significa, que representan case 7 de cada 10 alcaldías.
RENUNCIAN A PERCIBIR DIETAS
Barreiro tamén indicou que todos edís populares renunciarán a percibir a dieta correspondente pola asistencia a este pleno extraordinario a través do que, desde o Partido Popular, “pretenden facerse eco da crecente indignación dos seus veciños ante un plan de emprego excluínte que non garante a igualdade de oportunidades entre a poboación desempregada”.
DESPREZO AOS LUCENSES
Para os alcaldes populares a medida adoptada polo goberno de Besteiro “é todo un signo da prepotencia e arrogancia coa que xestionan desde fai seis anos a Deputación lucensee supón un total menosprezo aos desempregados que se ven discriminados pola Deputación en función do concello no que residen”.
Barreiro indicou finalmente que a Deputación, “cuxa misión fundamental é a de servir de apoio aos concellos lucenses non poden desoír a demanda inmensamente maioritaria dos alcaldes, esixindo corrixir o plan de emprego”, xa que logo de facelo, “estarían consolidando unha situación de desprezo de cara os lucenses e, moi en particular, aos parados lucenses”.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



