CERVO, 14 DE NOVEMBRO. Despois do pleno celebrado este xoves no Concello de Cervo, os socialistas afirman que “non podemos estar de acordo coa proposta de orzamentos para 2014 que nos ven de presentar o equipo de goberno por diversos motivos, o máis importante, é que, vista a situación socioeconómica que atravesamos e que nos espera, os presupostos deben invertir máis nas persoas e moito menos en infraestructuras”.
Todo parece indicar que o vindeiro 2014 será máis complicado do esperado, así o entenden dende o GMS, “a situación no noso Concello non é fácil e as novas sobre Sargadelos non son nada positivas, todo afectará e moito á economía xeral do noso municipio. O goberno debe adiantarse ás circunstancias e contemplar distintas vías de solución ante a preocupación máis grande dos veciños que é a falta de emprego”.
Por este motivo, así como compartimos a “idea de incrementar a partida para as bolsas formativas dirixidas ós máis novos, cremos na inmensa necesidade de aportar e traballar por un Plan de Emprego que facilite a inserción no mundo laboral de persoas adultas que perden o seu emprego, con idades complicadas e perfís moi concretos. Temos neste momento un bo exemplo nos traballadores afectados polas decisións dos directivos de Sargadelos”.
Os membros do PSOE cervense din que “nesta proposta de orzamentos non se lembran para nada da necesidade do emprego e pola contra destinan ata 207.700 euros a gastos diversos, festexos, publicidade e propaganda, dos cales 158.200 euros corresponden a gastos opacos, publicidade e propaganda. Outros 237.500 euros para inversión en infraestructuras e 1.735.280 euros en gasto corrente, o que consideramos tremendamente esaxerado. Neste momento, é unha prioridade que os gastos revirtan en beneficios e cumpran as necesidades básicas dos veciños, estas son partidas que se poderían reducir e destinar a outros asuntos moito máis necesarios”.
Ingresos a base de impostos
Os socialistas aseguran que os ingresos previstos polo equipo de goberno do PP pasan por esgrimir ós veciños dunha forma directa, “o 75% vén dado pola suma de impostos directos, indirectos e taxas. É dicir, saen directamente dos nosos bolsillos. O groso dos ingresos, uns 3.764.000 euros entran nas arcas municipais grazas ó esforzo dos veciños. Non se pode consentir que sigamos por este camiño, ingresos a base de impostos, repago da sanidade, repago de comedores, repago de fármacos, con este tipo de políticas tan só están asfixiando ó cidadán”.
Persoal e rentabilidade
Por último, dende o GMS teñen moi en conta que “só poden executar un 10% dos presupostos porque o 90% corresponde a persoal, tributos e gastos correntes”. Neste senso, destacan cómo estes orzamentos amosan que “o Concello fai unha previsión de persoal entre fixo, laboral e temporal de 93 persoas, o que supón o 44% do presuposto”.
“Un gasto en persoal desta magnitude ten que ter rentabilidade” e engaden, “pero o goberno non é capaz de facer rentable este persoal na medida en que temos moitos servizos privatizados e se contratan moitos traballos a empresas externas que podían ser feitos polos propios empregados municipais. Non ten sentido ningún”.
Neste senso, citaron como mostra que a prestación de servizos “entre o Consorcio de augas, Sogama e a posta en funcionamento do saneamento suman a friolera de cerca de medio millón de euros, concretamente 450.500 euros.”.
Entre a falta de preocupación polo emprego, amosada neste pleno coa negativa á proposta dos socialistas de poñer en marcha un Plan de Emprego, a cantidade de euros en impostos que se nos esixen e, en definitiva, a mala xestión do equipo de goberno, “non podemos estar máis en contra destes orzamentos que presenta o goberno do Partido Popular”.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



