O Concello de Ribadeo organizou un concurso de guións radiofónicos denominado Radiando Igualdade, co obxectivo de fomentar a igualdade entre mulleres e homes desde o ensino. O concurso desenvolveuse durante os pasados meses de abril e maio. E os alumnos/as do colexio Sagrado Corazón, que participaron na convocatoria, elaboraron varios programas de radio nos que abordaron cuestións coma a presenza da muller na política, no deporte, na prensa, na música ou no ensino. Entre todos os guións presentados o xurado, formado por xornalistas de Ribadeo e pola responsable do CIM, Luisa González, decidiu que o gañador fose o realizado por Ana Peña, Mireya Flórez, Paula Orol e Yanira Reimundo. O premio: grabar o seu guión e emitilo por unha emisora local, neste caso COPE de la Costa. O programa de radio que gañou dito concurso foi emitido este mediodía en Costa Viva, informativo que dirixe e presenta Juana Carrera.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



