Os usuarios da Residencia e dos Centros de Rehabilitación da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, asistiron a un obradoiro de “Arte Floral” , impartido por D. Fernando Quelle na Floristería Alecrín. Esta actividade resultou moi fructífera, repercutindo na mellora terapéutica de tódolos participantes , un total de 27 persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica, no aumento da súa autoestima e na mellora da súa calidade de vida, xa que se relaxaron na confección de distintos centros florais. No transcurso do curso estiveron aprendendo distintas técnicas de composición de cores, traballaron a concentración e a memoria, ó mesmo tempo que se fomentou o traballo en equipo. María José Nóvoa, como Directora Técnica Xeral da Asociación “A Mariña”, agradece enormemente a colaboración a Fernando Quelle, que impartiu este obradoiro de forma desinteresada e mostrou gran empatía e encanto con tódolos participantes.
