Ribadeo, 14 de novembro de 2013. SEPES (Entidade Pública Empresarial do Solo) ofrece bonificacións do 20% durante este mes de novembro ás empresas que poidan estar interesadas en instalarse no parque empresarial e comercial de Ribadeo, segundo deu a coñecer no día de hoxe o alcalde, Fernando Suárez. Son 4 as parcelas, obxecto de bonificación. Trátase das máis próximas á Autovía do Cantábrico. As firmas interesadas en obter máis datos poden dirixirse a SEPES ou ao Concello de Ribadeo.
O rexedor dixo que “é certo que o polígono industrial e comercial de Ribadeo é unha realidade desde hai un par de anos e que hai unha serie de empresas que se foron instalando alí, pero tamén é certo que quedan moitas parcelas por vender, singularmente as máis grandes, que son as máis custosas segundo a taboa de prezos que ten SEPES, que é a empresa pública que depende do ministerio que xestiona este polígono industrial”.
Suárez Barcia explicou que “agora neste mes de novembro, de común acordo entre Fomento, SEPES e o Concello, esta empresa pública quere facer unha serie de bonificacións dunha porcentaxe importante, de arredor do 20%, sobre todo nas parcelas que dan á A-8, que son as máis susceptibles de ser parcelas comerciais de firmas grandes. Acaban de sacar unha campaña para que todos aqueles empresarios que poidan estar interesados consulten en SEPES ou se informen no Concello”.
O alcalde engadiu que “esa campaña reúne algunhas condicións importantes para a bonificación tanto con pago ao contado como con pago aprazado. Eso sí, deben facer a súa petición antes de que remate este mes de novembro”.
Fernando Suárez lembrou que “o polígono industrial de Ribadeo é dos mellores, desde o punto de vista das conexións coa A-8 e co porto comercial a través da circunvalación. É coma unha plataforma loxística moi ben posicionada entre Avilés e Ferrol, entre grandes núcleos de población. Ribadeo, neste cruce de camiños, estou convencido de que este polígono poida contar agora cun pouco máis de demanda e de que esta situación económica se revirta en positivo… estou convencido de que seguirá a ter a demanda e a expectativa que tiña antes de que nos caera enriba esta crise tan grande e tan importante”. Ao rexedor ribadense estas bonificacións que SEPES está a ofrecer parécenlle “importantes e dignas de estudo”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



