Ribadeo, 8 de novembro de 2013. O grupo de teatro afeccionado OS TROCOS, de Castro de Rei, representa a comedia Falamos de cartos, este domingo ás 20.30 h no Teatro (rúa San Roque,2).
Prezo da entrada: 2 €.
FREEDONIA
Sábado 16 de novembro, ás 21.00 h no Teatro
A aposta de Freedonia é o soul. A banda está formada por dez músicos que derrochan forza e sentimiento a través dunha potente sección rítmica , metais compactos e unha voz, a de Aurora García, que é quen de trasmitir as emocións máis puras.
Desde os seus comezos en 2006, FREEDONIA investigou as diferentes correntes do soul, intercalando temas propios con clásicos de Etta James, Marvin Gaye, Jackie Wilson, Edwin Starr ou Barbara Acklin. A súa creatividade plásmase agora nun álbum homónimo con composicións propias.
Nestes meses formaron parte de numerosas nominacións e resultaron gañadores de dous premios na pasada Gala dos Premios Pop-Eye 2012, como “Mejor canción nacional” por “Heaven Bells” e “Mejor artista de música negra”.
Entrada na billeteira desde unha hora antes do concerto: 12 €. Anticipada: 10 €. Á venda en Alandrina Tours ( rúa Reinante, 14, baixo, Ribadeo)























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



