Cervo, 18 de novembro de 2013- O Concello de Cervo repartiu este luns un novo lote de 14 composteiros entre o mesmo número de persoas. Deste xeito, son xa 107 as familias que se benefician do programa de fomento da compostaxe doméstica posto en marcha pola administración local hai uns anos.
A través deste proxecto, o Concello pretende potenciar esta práctica de reciclaxe e reutilización de residuos orgánicos domésticos e axudar ás familias nesta tarefa, tanto facilitando os composteiros como asesorando e dando consellos sobre a súa utilización.
Nesta última entrega, que tivo lugar esta tarde ás 19:00 horas na Casa do Concello, estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, e un usuario con anos de experiencia, Plácido Pérez, que foi o encargado de explicarlles aos receptores o proceso de montaxe do composteiro, moi sinxelo, así como consellos para obter un compost de calidade. Porque segundo explica Alonso “nuestro objetivo es que los vecinos puedan conseguir unos buenos resultados y aprovechen el composteiro al máximo”.
Precisamente con ese fin o Concello fai visitas aos novos usuarios pasado un tempo da recollida do composteiro para comprobar o seu bo funcionamento e grao de satisfacción ou para indicarlles a mellor forma de sacarlle rendemento. “El programa de fomento del compostaje cubre todo el proceso, desde la entrega gratuíta de los dispositivos hasta el apoyo y el asesoramiento durante los primeros meses de utilización” asegura a edil.
Ao mesmo tempo, a responsable de Medio Ambiente explica que tamén é importante levar un control do uso dos composteiros e así comprobar que se destinan para o fin para o que foron entregados. Alonso reitera o compromiso do Concello “con el medio ambiente y con todas las iniciativas que permitan mejorar o contribuír con nuestro entorno natural a través de diferentes vías, y por supuesto a través de este programa de compostaje doméstico, que mantendremos activo para seguir ampliando el número de familias que puedan participar en él”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



