Lugo, 25 de novembro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo, e responsábel das Áreas de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, o nacionalista Antonio Veiga, xunto ao nacionalista Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo, levaron a cabo esta mañá un sinxelo acto de recoñecemento ás mulleres con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero no exterior do museo, no que tamén permanecerá durante a semana un cartelón cun poema da escritora galega Marta Dacosta.
Veiga afirmou que “o actual sistema que defende o PP exerce a violencia sempre contra os máis débiles: as mulleres, os maiores e nenos e nenas, que son os primeiros en padeceren a exclusión social. Porque a violencia contra as mulleres exércese de moitos xeitos, e o proceso de recortes e destrución dos servizos públicos que está levando a cabo o PP contribúe gravisimamente a empeorar a situación que moitas mulleres padecen no noso país. Para o sistema está claro que a forza de traballo non ten dereitos”.
“Tamén está claro que a filosofía do PP actual encaixa á perfección nos tempos de Pilar Primo de Rivera e demóstrano porque hoxe en día aínda continúan a saír de membros do PP declaracións do tipo ‘as mulleres son feministas até que casan’ ou ‘as leis están como as mulleres, para violalas’. Que tipo de defensa das mulleres fai este partido?” – criticou Antonio Veiga.
Por estas razóns, Veiga defendeu que “o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ten que ser unha data de reafirmación do compromiso dos gobernos co conxunto de organizacións sociais e da cidadanía en xeral para a sensibilización e a actuación respecto do grave problema que constitúe a violencia machista. Por iso é importante poñer as cousas no seu sitio e reprobar as políticas do Partido Popular, que conducen a elevadas taxas de paro e o desmantelamento dos servizos públicos, o que está empobrecendo de xeito especial ás mulleres e afectando gravemente á súa vulnerabilidade ante a violencia machista. A dependencia económica é o maior dos obstáculos para as vítimas de violencia de xénero racharen coa relación que pon en perigo as súas vidas”.
“Cómpre tomar conciencia desta problemática e por iso debemos esixir ao PP que cese de facer recortes en programas e recursos imprescindíbeis para apoiar as mulleres que deciden dar o paso e romper dunha vez coa violencia machista” – afirmou por último Veiga, que rematou coa lectura dun fragmento do poema de Marta Dacosta,“Non é amor”, un canto á liberdade no que se expresa a necesidade de que toda a sociedade, non só as mulleres, debe erguerse contra a lacra da violencia de xénero:
“Érguete Ofelia, esperta e renega do conto
Non cegues os teus ollos que o corpo che pertence,
Renega dese mito que mata as túas entrañas
Renega do amor puro que te viste de morte.”




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



